Ao meu lado sinto alguén que non son eu, pero que se me parece, como unha sombra ou un reflexo. Mírame, xúlgame, quéreme, ódiame. Vivimos no mesmo país, pero temos ideas opostas. É o meu rival, a miña inimiga, o meu inimigo. Eu son o seu rival, a súa inimiga, o seu inimigo. Está no outro bando. Estou no outro bando. Quero destruíla, quero destruílo e ao mesmo tempo necesítoa, necesítoo. É el ou eu. Son eu ou ela. É a guerra. A Guerra Civil. É a miña conciencia. É a miña memoria. É o meu esquecemento. É a posibilidade…